sm conectados
Seguro que se pensas na túa época
de estudante no colexio lembras con agarimo a emoción que sentías cando ías de
excursión a visitar un museo. Desgraciadamente, estas visitas téñense que
circunscribir a unha contorna próxima ao colexio, ou ben ás que se poden
realizar durante unha excursión como as das viaxes de fin de curso, polo que é
imposible visitar todos os museos que che gustaría coñecer xunto aos teus
alumnos.
Grazas ao uso de internet podes
facer visitas virtuais coas que ofrecer aos teus alumnos unha experiencia moi
realista, con moitas posibilidades, e coa enorme vantaxe de liquidar o problema
da distancia. Estes son algúns dos museos que ofrecen esta posibilidade. Se coñeces algún que non apareza na listaxe dinolo nun comentario e engadirémolo a
esta listaxe para que todos poidades facer uso del na aula.
Museo sefardí de Toledo
Mediante este enlace poderás
visitar as salas, coñecer con gran detalle cada unha das obras que aloxa,
adquirir información ampliada sobre elas. Unha visita (virtual) obrigada para
coñecer mellor a historia de España.
Museo Sorolla de Madrid
Joaquín Sorolla foi un dos
grandes xenios do realismo na pintura española. Con sede en Madrid este museo é
unha visita que permite coñecer perfectamente non só a obra deste xenial
artista, senón tamén a época na que viviu e as características da obra que
creou. Recomendámosvos a visita virtual coa que, seguro, os vosos alumnos
aprenderán moitísimo.
Museo de Antropoloxía de
Madrid
Este museo ofrece a posibilidade
de coñecer como foi o desenvolvemento das civilizacións humanas desde as súas
orixes. Grazas á posibilidade de realizar a visita virtual poderedes coñecer as
diferentes salas, os obxectos que se atopan nelas, etc.
Museo de Ciencias Naturais
Real gabinete: http://mncngabinete.s3.amazonaws.com/scb/MNCNGabineteES.html
Exposición “Minerais, fósiles e
evolución humana” http://mncn.s3.amazonaws.com/mncnexpo/scb/mncnexpoES_standalone.html
Este museo ofrece algunhas pezas
que sorprenderán aos teus alumnos, e que lles permitirán coñecer moito mellor
os contidos que aprenden en clase. Sen dúbida, unha experiencia da que poderás
obter moitísimos beneficios.
Museo Picasso de Málaga
Coñecer a obra dun dos maiores
xenios da pintura española é unha materia obrigatoria. Con sede física en
Málaga, agora xa non hai escusa para non coñecer o museo e as obras que
alberga.
Museo do Prado
O Museo do Prado, con máis de
8000 obras na súa colección permanente, está considerada como a mellor
pinacoteca do mundo. Mediante esta visita virtual podras coñecelas todas, obter
información complementaria e exploralas cun gran nivel de detalle.
Museo de arte
Thyssen-Bornemisza
Con sede en Madrid, case ás
portas do Museo do Prado, atopamos outro museo que é visita obrigada para os
turistas que visitan a capital de España. Nesta visita virtual poderás coñecer
xunto aos teus alumnos a colección permanente, así como as exposicións que
organizan ao longo do ano.
Museo Dalí
A obra de Salvador Dalí é un
referente para a amantes da arte do século XX. A súa figura segue sendo
admirada e a súa obra segue estando á vangarda da arte. Grazas a este enlace
podes coñecer o museo que ten sede en Barcelona.
Museo de Louvre
Os expertos coinciden en que a
segunda mellor pinacoteca do mundo é o Museo de Louvre en París. A distancia xa
non é unha escusa para coñecer as obras que contén.
National Gallery of Art
A terceira mellor pinacoteca do
mundo ten que ter un lugar nesta listaxe. Poderás coñecer as obras que alberga con
información ampliada (en inglés) para moitas delas.
Museo Británico
O Museo Británico de Londres
contén obras dun valor incalculable das máis diversas civilizacións que
poboaron a Terra. Unha visita obrigada si pasas uns días en Londres, e agora
tamén desde a túa clase xunto aos teus alumnos.
Museo do Holocausto (USA)
A mellor maneira de evitar que se
produzan os erros do pasado é ter moi presente a historia que vivimos. Este
museo, con sede en Estados Unidos, recolle unha colección permanente que pode
visitarse virtualmente e que nos permite pór rostro aos que sufriron a
barbarie.
Museo Olímpico
As olimpíadas non son só unha celebración
deportiva. Representan a unión dos pobos e a constante superación do ser
humano. Nesta visita poderás coñecer os diferentes deportes que forman parte
das olimpíadas, poderás ver vídeos e coñecer aos atletas máis destacados ao
longo da historia para cada unha das disciplinas.
Museo Exipcio
O museo Exipcio do Cairo recolle
obras e información sobre unha das civilizacións que máis admiración causa nos
nosos alumnos. Aprovéitache disto e realiza unha visita virtual ás súas salas e
ás obras que albergan.
O Vaticano
Capela Sixtina: http://www.vatican.va/various/cappelle/sistina_vr/index.html
Basílica de San Pedro: http://www.vatican.va/various/basiliche/san_pietro/vr_tour/index-en.html
Basílica de San Pablo: http://www.vatican.va/various/basiliche/san_paolo/vr_tour/index-it.html
Basílica de San Juan: http://www.vatican.va/various/basiliche/san_giovanni/vr_tour/Media/VR/Lateran_Nave1/index.html